Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 16 de novembro de 2012 Páx. 43320

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de información pública (expediente AM/19/12).

Construcciones J. Míguez, S.L. solicitou da Alcaldía licenza municipal de acondicionamento e actividade para a apertura dun establecemento dedicado a comercio de maquinaria, produtos metálicos, de construción e material de saneamento que se situará na estrada N-550, Atios, Os Eidos, s/n desta localidade. En cumprimento do disposto no artigo 8.3º do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, co fin de que durante este –que empezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra– poidan examinar o expediente AM/19/12, na Sección de Urbanismo deste concello, as persoas que dalgún modo se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

O Porriño, 4 de outubro de 2012

José Nelson Santos Argibay
Alcalde