Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 16 de novembro de 2012 Páx. 43319

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oza dos Ríos

ANUNCIO de información pública sobre venda e reparación de equipamentos de aire acondicionado e frío industrial en Fraís (Parada).

Víctor Suárez García, en representación de Fricur Instalaciones, S.L. solicitou a licenza municipal para situar no referido lugar a actividade anteriormente indicada, sometida a avaliación de incidencia ambiental e neste concello tramítase o oportuno expediente.

En cumprimento da lexislación vixente pola que se regula a avaliación de incidencia ambiental, procédese a abrir un período de información pública polo prazo de vinte días, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia para que quen se vexa afectado dalgún modo pola dita actividade presente as observacións que considere pertinentes.

O expediente obxecto desta información pódese consultar nas oficinas municipais en horario de oficina.

Oza dos Ríos, 8 de outubro de 2012

José Pablo González Cacheiro
Alcalde