Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 16 de novembro de 2012 Páx. 43322

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilanova de Arousa

ANUNCIO de información pública sobre actividade de bazar en Cardalda (Deiro).

Star Mercancía Liu, S.L. representada por Dan Jun Liu, solicita desta alcaldía licenza municipal para actividade de bazar na avda. de Cambados nº 18 baixo no lugar de Cardalda-Deiro, cunha superficie de 493,50 m2.

En cumprimento do disposto no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública durante o período de vinte días hábiles, co fin de que durante este –que comezará a contar desde o día seguinte ao da última publicación– as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar poidan formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Vilanova de Arousa, 5 de outubro de 2012

Gonzalo Durán Hermida
Alcalde