Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 16 de novembro de 2012 Páx. 43310

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de aprobación da modificación do segundo texto refundido de modificación do Plan parcial do sector-7, recinto feiral, A Coruña. Parcelas P.IV.3 e P.V.1. (expediente 631/336/2009).

O Pleno municipal, en sesión extraordinaria que tivo lugar o día 6 de agosto de 2012, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar definitivamente a «modificación do segundo texto refundido de modificación do Plan parcial do sector-7, recinto feiral, A Coruña. Parcelas P.IV.3 e P.V.1, presentado no Rexistro Municipal de Urbanismo por María Calvo Castro, en representación de Corporación Caixa Galicia, S.L.U., Grupo Inmobiliario.

Segundo. Notificarlles este acordo aos titulares catastrais, ás áreas municipais de Licenzas e Disciplina Urbanística, Xestión do Solo, Sección de Patrimonio Urbanístico e ao promotor, que se requirirá, ademais, para que no prazo de dez (10) días presente en soporte informático a documentación aprobada para a súa incorporación ao Sistema de información xeográfico municipal.

Terceiro. Ordenar o cumprimento dos trámites administrativos recollidos nos artigos 92.2 e 92.3 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, para a entrada en vigor da modificación puntual do plan parcial, logo de cumprimento do requerimento efectuado ao promotor no número anterior.

Este acordo pon fin á vía administrativa, e contra el pódese interpor, con carácter potestativo, recurso de reposición perante o órgano que o ditou, no prazo dun mes, ou directamente recurso contencioso-administrativo, perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, ambos os dous prazos contados a partir do día seguinte a aquel en que se practicou a notificación ou, de ser o caso, a publicación. Todo iso de conformidade cos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracions públicas e do procedimento administrativo común, en relación co artigo 46 da Lei da xurisdicción contencioso-administrativa, do 13 de xullo de 1998, sen perxuízo de calquera outro que se considere pertinente.

Cuarto. Facultar a Alcaldía-Presidencia ou o seu substituto legal para a realización de cantos actos, trámites ou xestións sexan procedentes para a boa fin dos acordos adoptados».

A documentación exixida polo artigo 92.3 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, tivo entrada na Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, para os efectos da entrada en vigor da modificación do segundo texto refundido de modificación do Plan parcial do sector-7, o día 24 de setembro de 2012.

Os gastos desta publicación serán aboados polo promotor.

A Coruña, 28 septembro de 2012

César de Jesús Otero Grille
Director de Urbanismo