Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 16 de novembro de 2012 Páx. 43309

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cambre

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación puntual do Plan parcial da actuación industrial O Espírito Santo.

Por Resolución da Alcaldía do 22 de outubro do ano 2012 apróbase inicialmente a modificación puntual do Plan parcial da actuación industrial O Espírito Santo, sita nos termos municipais de Cambre e Sada, presentada pola entidade Urbanismo del Norte, S.L.

O que se fai público para xeral coñecemento. O expediente sométese a información pública polo prazo dun mes mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e en dous dos xornais de maior circulación da provincia, de conformidade co establecido no artigo 86.1.a) da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Durante o citado prazo, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, poderanse formular as alegacións que se consideren pertinentes. O expediente poderá ser consultado nas oficinas da Área de Urbanismo deste concello, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Cambre, 5 de novembro de 2012

Manuel Rivas Caridad
Alcalde