Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 16 de novembro de 2012 Páx. 43308

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Bergondo

ANUNCIO de información pública sobre a apertura e o funcionamento dunha carpintaría de madeira na parroquia de Bergondo (expediente 2012/047/7).

En cumprimento do disposto no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública o expediente 2012/047/7, tramitado por instancia de José Bernardo Pérez Vicos, en representación de Ebanober, S.L.L., para a concesión de licenza de apertura e funcionamento dunha carpintaría de madeira que se instalará na travesía de San Cidre, 53, parroquia de Bergondo, deste termo municipal.

O prazo será de vinte días, contados a partir do seguinte ao da última publicación deste edicto no Boletín Oficial da provincia ou no Diario Oficial de Galicia. O expediente atópase á disposición do público no Servizo de Urbanismo deste concello co fin de que quen se considere afectado pola actividade poida examinalo e deducir, de ser o caso, as alegacións ou observacións que crean oportunas.

Bergondo, 18 de outubro de 2012

Alejandra Pérez Máquez
Alcaldesa