Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 15 de novembro de 2012 Páx. 43037

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 25 de outubro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se fai pública a notificación de acordo de procedencia de reintegro dunha axuda do programa de fomento da contratación das persoas con discapacidade na empresa ordinaria, regulada na Orde do 23 de abril de 2010 (Diario Oficial de Galicia número 81, do 30 de abril), relativa ao expediente TR343A 2010/132-1.

Intentada a notificación da dita resolución segundo o disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle a interesada o contido da resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela a interesada pode interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lémbraselle tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rúa Salvador de Madariaga, nº 9-1º, na Coruña, e a obter, se é o caso, copia da resolución, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 25 de outubro de 2012

Luis Alberto Álvarez Freijido
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente: TR343A 2010/132-1.

Nome ou razón social: Alergia y Alimentación, S.L.

DNI/NIF: B94006186.

Último enderezo coñecido: r/ Dr. Loureiro Crespo, 65-baixo, 36002 Pontevedra.

Data da resolución: 27.7.2012.

Contido da resolución: declarar a procedencia de reintegro.