Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 15 de novembro de 2012 Páx. 43039

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 26 de outubro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica a resolución dos expedientes sancionadores na orde social RL 2012/402-1 e outro máis.

Intentada a notificación por correo certificado aos titulares das empresas que se indican a continuación sen que fose posible, por medio desta cédula e de conformidade cos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, notifícaselles a resolución recaída nos expedientes sancionadores correspondentes. Faiselles saber que no prazo dun mes, contado a partir do día seguiente ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poderán interpoñer recurso de alzada ante o director xeral de Relacións Laborais, advertíndoos de que, de non ser interposto en tempo e forma, deberán aboar a multa, mediante a necesaria utilización do impreso, que poderán solicitar na propia Xefatura Territorial da Coruña. Noutro caso, procederase á exacción pola vía executiva nos termos previstos na disposición segunda da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23.11.2001 (DOG do 5 de decembro).

Expediente nº: RL 2012/402-1.

Acta inf. nº: I152010000134391.

Empresa: Mantenimiento y Control Galaica, S.L.

NIF: B70101548.

Enderezo: vía Edison, bloque 3-2º oficina 5-Polígono do Tambre, 15790 Santiago de Compostela.

Materia: obstrución (falta de comparecencia á citación da Inspección Provincial de Traballo e Seguridade Social).

Normativa infrinxida: artigo 11.2 da Lei 42/1997, do 14 de novembro.

Tipificación: artigo 50.2 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, de conformidade cos artigos 39 e 40.1 do dito texto legal (falta grave en grao medio).

Data da resolución: 5.10.2012.

Resolución: confirmar a acta de infracción e impoñer á empresa Mantenimiento y Control Galaica, S.L. unha sanción por importe de mil trescentos euros (1.300 €).

Expediente nº: RL 2012/414-1.

Acta inf. nº: I152012000077563.

Empresa: Residencial Caión, S.L.

NIF: B70035928.

Enderezo: avenida Doctor López Astray, 16 baixo, 15145 A Laracha.

Materia: seguridade e hixiene (non elaboración do plan de seguridade e infracción en materia de prevención de riscos laborais).

Normativa infrinxida: artigos 4.2.d) e 19.1 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, artigos 14.1, 14.2, 15.1.a) e 17.1; artigos 7.1 e 7.2 do Real decreto 1627/1997, do 24 de outubro; e IV Convenio colectivo xeral do sector da construción.

Tipificación: artigos 5.2 e 11.4 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, de conformidade cos artigos 39.1, 39.3.d), 40.2.a) e 40.2.b) do dito texto legal (falta grave en grao mínimo, por importe de 2.046 euros; e outra falta leve en grao mínimo, por importe de 300 euros).

Data da resolución: 13.9.2012.

Resolución: confirmar a acta de infracción e impoñer á empresa Residencial Caión, S.L. unha sanción por importe de dous mil trescentos corenta e seis euros (2.346 €).

A Coruña, 26 de outubro de 2012

Luis Alberto Álvarez Freijido
Xefe territorial da Coruña