Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 15 de novembro de 2012 Páx. 43021

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 9 de outubro de 2012, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se fai público o inicio do procedemento de reintegro de axudas e subvencións xestionadas nesta xefatura territorial.

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, e en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro) modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), intentada a notificación no último domicilio coñecido dos interesados sen que esta se puidese practicar, notifícaselle ás persoas citadas no anexo para que, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste edicto, comparezan persoalmente ou debidamente representadas no Servizo de Promoción do Emprego da Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar de Vigo; rúa Concepción Arenal, 8-2º (das 9.00 ás 14.00 horas de luns a venres) para ter coñecemento do contido daquela, advertíndoas de que, de non facelo así se considerarán notificadas cos efectos que correspondan.

Así mesmo, fáiselles saber o dereito que as asiste para alegar o que máis conveña aos seus intereses no prazo de quince días, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia ante a Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar.

Vigo, 9 de outubro de 2012

P.A. (Decreto 109/2012, do 22 de marzo)
María Peón Fernández
Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa

ANEXO

Nº de expediente de reintegro: reint. 2012/050-5.

Nome: María Lourdes Rouco Agromayor.

DNI: 36083567-V.

Último enderezo coñecido: avda. Martínez Garrido, 7 baixo, Vigo, 36205 Vigo.

Feito imputado: non manter a traballadora subvencionada contratada durante un período mínimo de dous anos.

Precepto infrinxido: incumprimento do artigo 17.2 da Orde do 22 de abril de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa para a primeira contratación indefinida do emprego autónomo, cofinanciado polo FSE e se procede a súa convocatoria para 2010.

Contido da resolución: inicio do procedemento de reintegro da axuda.

Nº de expediente de reintegro: reint. 2012/081-5.

Nome: María do Sameiro Araujo Da Silva.

NIE: X1523149C.

Último enderezo coñecido: Caticovas, 2-A, Meis, 36634 Pontevedra.

Feito imputado: non manter a actividade que fundamentou a concesión da subvención durante un período mínimo de tres anos.

Precepto infrinxido: incumprimento do artigo 17.1.a) da Orde do 17 de marzo de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras para a promoción do emprego autónomo, cofinanciado polo FSE, e se procede a súa convocatoria para o ano 2011.

Contido da resolución: inicio do procedemento de reintegro da axuda.

Nº de expediente de reintegro: reint. 2012/083-5.

Nome: Rodrigo Fernández Duarte.

DNI: 35585905-Y.

Último enderezo coñecido: rúa Zamora, 96, baixo, Vigo, 36211 Pontevedra.

Feito imputado: non manter a actividade que fundamentou a concesión da subvención durante un período mínimo de tres anos.

Precepto infrinxido: incumprimento do artigo 17.1.a) da Orde do 17 de marzo de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras para a promoción do emprego autónomo, cofinanciado polo FSE, e se procede a súa convocatoria para o ano 2011.

Contido da resolución: inicio do procedemento de reintegro da axuda.

Nº de expediente de reintegro: reint. 2012/113-5.

Nome: Isidro Blanco Rego.

DNI: 36038706-Y.

Último enderezo coñecido: rúa Pontevedra, 6-2º C, Vigo, 36201 Pontevedra.

Feito imputado: non manter a traballadora subvencionada contratada durante un período mínimo de tres anos.

Precepto infrinxido: incumprimento do artigo 14.5 da Orde de 30 de decembro de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos a plans empresariais de estabilidade laboral, cofinanciado polo FSE

Contido da resolución: inicio do procedemento de reintegro da axuda.