Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 15 de novembro de 2012 Páx. 43019

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello da Pastoriza (expediente IN407A 2012/50-2, 8019 AT).

Visto o expediente para o outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se citan:

Solicitante: Concello da Pastoriza.

Domicilio social: pza. de Galicia, 1. 27287 A Pastoriza.

Denominación: LMTS e CS para centro deportivo e piscina na avenida Doutor Constantino Cabaneiro.

Situación: concello da Pastoriza.

Características técnicas:

• LMTS a 20 kV consistente en anelar o CS piscinas (proxectado) entre o CT A Pastoriza (4784) e o CT parque empresarial (14100), cunha lonxitude de 220 metros de condutor proxectado tipo RHZ-150.

• CS piscinas en edificio prefabricado tipo PF-15, no cal se instalan dúas celas de liña e unha de protección con fusibles.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Lugo, 22 de outubro de 2012

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo