Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 15 de novembro de 2012 Páx. 42975

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 24 de outubro de 2012, da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, pola que se lle dá publicidade á parte dispositiva da Sentenza 615/2012, do 14 de xuño, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Para xeral coñecemento, de conformidade co disposto nos artigos 72, 104 e seguintes da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, faise público que a Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con data do 14 de xuño de 2012, pronunciou a Sentenza 615/2012, ditada no procedemento ordinario nº 4468/2008, interposto por Marina Fernández Calzas, e que na súa parte dispositiva literalmente di:

«Aceptamos en parte o recurso contencioso-administrativo interposto por Marina Fernández Calzas contra a Orden do 16 de maio de 2008, da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, pola que se lle deu aprobación definitiva ao Plan Xeral de Ordenación Municipal de Vigo, do cal anulamos a ordenación do sector S-03-R. No demais, rexeitamos o recurso. Non se fai imposición de custas.

Esta sentenza é susceptible do recurso ordinario de casación do artigo 86 da LXCA de 1998, que se deberá preparar por escrito para presentar nesta sala no prazo de dez días.

Unha vez sexa firme esta, devólvase o expediente administrativo ao centro da súa procedencia, xunto coa certificación e comunicación.

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos».

A citada sentenza foi declarada firme.

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2012

María Encarnación Rivas Díaz
Secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo