Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 15 de novembro de 2012 Páx. 42976

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 24 de outubro de 2012, da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, pola que se lle dá publicidade á parte dispositiva da Sentenza 641/2012, do 14 de xuño, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Para xeral coñecemento, de conformidade co disposto nos artigos 72, 104 e seguintes da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, faise público que a Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con data do 14 de xuño de 2012, pronunciou a Sentenza 641/2012, ditada no procedemento ordinario nº 4463/2008, interposto por Fidel Doallo Rojo, e que na súa parte dispositiva literalmente di:

«Que, rexeitando a alegación de inadmisibilidade formulada, aceptamos parcialmente o recurso contencioso-administrativo interposto por Fidel Doallo Rojo, contra a Orde da CPTOPT do 16 de maio de 2008, sobre aprobación definitiva do PXOM de Vigo e, en consecuencia, anulamos en parte a Orde impugnada do 16 de maio de 2008 e, en consecuencia, coa anulación das previsións que o PXOM de Vigo inclúe respecto ao sector S-03-R (troncal), debéndolle recoñecer á parcela do demandante, sita na rúa Cantabria 111, a clasificación de solo urbano consolidado; co rexeitamento das restantes pretensións; sen facer condena especial nas custas.

Esta sentenza é susceptible do recurso ordinario de casación do artigo 86 da LXCA de 1998, que se deberá preparar mediante a presentación de escrito no prazo de dez días.

Unha vez sexa firme esta, devólvanse os autos orixinais ao xulgado de procedencia, xunto coa certificación e comunicación.

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos».

A citada sentenza foi declarada firme.

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2012

María Encarnación Rivas Díaz
Secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo