Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 15 de novembro de 2012 Páx. 42977

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 2 de outubro de 2012, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se somete a información pública a solicitude de renovación da autorización ambiental integrada presentada por Nestlé España, S.A. para as instalacións que posúe no concello de Pontecesures (Pontevedra). Clave M 2012/IPPC/M/52.

Segundo o que se indica no artigo 7.2 do Real decreto 509/2007, do 20 de abril, polo que se aproba o regulamento para o desenvolvemento e execución da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación, faise público que, por espazo de 30 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, quedará exposta a documentación correspondente á solicitude de renovación da autorización ambiental integrada para as instalacións que Nestlé España, S.A. posúe no concello de Pontecesures (Pontevedra), co fin de que calquera interesado poida consultala e, se for o caso, formular as alegacións, suxestións ou observacións que coide convenientes. A documentación que se expón será:

– «Renovación da AAI. Planta de tratamento e transformación de leite. Nestlé España, S.A. Pontecesures (Pontevedra)».

O antedito documento estará á disposición dos interesados en horario de atención ao público nas seguintes dependencias:

• Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental-Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

• Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas de Pontevedra, Servizo de Calidade e Avaliación Ambiental (rúa Fernández Ladreda, 43, 1º-4º, 36003 Pontevedra).

• Concello de Pontecesures (avenida da Cidade de Vigo, 2, 36340 Pontecesures).

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2012

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental