Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 14 de novembro de 2012 Páx. 42817

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilariño de Conso

ANUNCIO polo que se somete a información pública a solicitude de licenza para nave destinada a taller de reparación de vehículos na estrada de Sabuguido, número 10.

Talleres Conso, S.L., con CIF número B-32173197, e con domicilio na estrada Sabuguido número 10, 32557 Vilariño de Conso, solicitou licenza municipal para nave destinada a taller de reparación de vehículos, na parcela con referencia catastral 0195602PG5609N0001UY deste municipio.

En cumprimento do disposto polo artigo 8.1 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, no que se regula a avaliación da incidencia ambiental, e de conformidade, co disposto no artigo 36, letra a), número 5 do Regulamento xeral de policía de espectáculos públicos e actividades recreativas, do 27 de agosto de 1982, sométese a información pública por período de vinte días hábiles, co fin de que durante este tempo –que empezará a contar desde o seguinte ao da inserción do presente edicto no DOG e no Boletín Oficial da provincia– poida ser examinado o expediente, na Secretaría deste Concello, polas persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar, e formular, por escrito, as reclamacións ou observacións que estimen oportunas.

Vilariño de Conso, 19 de outubro de 2012

Ventura Sierra Vázquez
Alcalde