Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 14 de novembro de 2012 Páx. 42818

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial da Coruña

ANUNCIO polo que se fai pública a aceptación da ampliación das delegacións de competencias tributarias do Concello de Curtis.

O Pleno desta Corporación, na sesión ordinaria do 25 de maio de 2012, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«13. Aceptar a ampliación das delegacións de competencias tributarias do Concello de Curtis.

Aceptar a ampliación das competencias delegadas en materia tributaria acordada polo Concello de Curtis en relación coas seguintes materias:

• A facultade para establecer acordos ou convenios coa Administración tributaria do Estado en materia de colaboración e inspección en relación co imposto sobre bens inmobles, de acordo co disposto na Lei reguladora das facendas locais, a Lei reguladora do catastro e as súas respectivas normas de desenvolvemento.

• Xestión, inspección e recadación voluntaria e executiva da taxa pola utilización privativa ou aproveitamento especial constituído no solo, subsolo ou voo das vías públicas a favor de empresas explotadoras de servizos de subministración de interese xeral. A xestión obxecto de delegación afectará tanto o suposto xeral do artigo 24 do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, baseado no 1,5 % dos ingresos brutos obtidos no termo municipal, como o suposto especial da telefonía móbil.

O exercicio das competencias delegadas obxecto de aceptación levarase a cabo nos termos establecidos nas bases para a prestación dos servizos tributarios aos concellos da provincia e terá efectos desde o día en que se publique este acordo no Boletín Oficial da provincia, conforme o establecido no artigo 7 do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo».

O que se fai público para xeral coñecemento.

A Coruña, 15 de xuño de 2012

María Padín Fernández José Luis Almau Supervía

O presidente/PDFR 5.8.2011/ Secretario da Deputación

A vicepresidenta 2ª Provincial da Coruña