Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 14 de novembro de 2012 Páx. 42816

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Rianxo

ANUNCIO de información pública do expediente número 14/2012 (licenza de actividade).

Soto Lavado Engrase y Neumáticos, S.L. solicitou desta alcaldía licenza municipal para subministración de combustible a embarcacións, que se vai situar no porto pesqueiro de Rianxo, cumprindo o disposto no punto 3, artigo 8, do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental; sométese a información pública polo período de vinte días hábiles, co fin de que durante este, que empezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún modo se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que se consideren oportunas.

Rianxo, 7 de novembro de 2012

Adolfo Muíños Sánchez
Alcalde