Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 14 de novembro de 2012 Páx. 42815

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Melide

ANUNCIO de información pública sobre actividade de nave para instalación industrial.

Solicitada a licenza de actividade de nave para instalación industrial de fabricación de pezas xeométricas complexas que forman parte das estruturas de grandes luces de edificacións públicas e privadas en aluminio pintado ou galvanizado, PVC e outros materiais metálicos, sometida a avaliación de incidencia ambiental, por Mario Prieto Rodríguez, en nome e representación Cervisa Sistemas Metálicos, S.L., neste concello tramítase o oportuno expediente.

En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, no que se regula a avaliación de incidencia ambiental, procédese a abrir período de información pública por prazo de vinte días hábiles, que comezará a contarse desde o día seguinte ao da última inserción do presente anuncio no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, para que, quen se vexa afectado dalgún modo pola dita actividade presente as observacións que considere pertinentes.

O expediente obxecto desta información pódese consultar nas oficinas municipais en horario de oficina das 9.00 ás 14.00 horas.

Melide, 7 de novembro de 2012

Mª Ángeles Vázquez Mejuto
Alcaldesa