Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 14 de novembro de 2012 Páx. 42814

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

MODIFICACIÓN de anuncio (expediente As-50/2012).

En cumprimento da Resolución da tenente alcalde delegada de Contratación, con data do 18 de outubro de 2012, de modificación do prego de cláusulas administrativas regulador da contratación, mediante procedemento aberto con diversos criterios de valoración, do servizo de mantemento do sistema de comunicacións dixitais Tetra de seguridade cidadá, rectifícase o anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia, con data do 11 de outubro de 2012, páxina 39200, nos puntos seguintes:

7. Clasificación: debe constar grupo V, subgrupo 2 e 3, categoría A.

8. Presentación de proposicións: a) Data límite de presentación: debe constar ata as 13.00 horas do día 27 de novembro de 2012.

A Coruña, 23 de outubro de 2012

P.D.
Rosa Mª Gallego Neira
Tenente de alcalde responsable de Facenda e Administración Pública