Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 14 de novembro de 2012 Páx. 42813

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Celanova

ANUNCIO polo que se solicita licenza para ampliación de nave para almacén e zona de residuos.

Jorge Varela, solicitou licenza de ampliación de nave existente para almacén e zona de residuos, sometida a avaliación de incidencia ambiental, no parque empresarial (parcelas 3-4), neste concello tramítase o oportuno expediente.

En cumprimento da normativa vixente sobre avaliación de incidencia ambiental, procédese a abrir período de información pública por termo de vinte días mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial da provincia, exposición no taboleiro de anuncios do concello, e notificación da apertura do dito trámite persoalmente aos veciños e titulares de dereitos inmediatos ao lugar da localización proposta, para que os posibles afectados poidan alegar o que consideren oportuno.

O expediente obxecto desta información pódese consultar nas oficinas municipais en horario de oficina.

Celanova, 22 de outubro de 2012

José Luis Ferro Iglesias
Alcalde