Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 14 de novembro de 2012 Páx. 42812

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Celanova

ANUNCIO polo que se solicita licenza de adaptación de local para exposición e venda de maquinaria e útiles de xardinaría.

Manuel Martínez González-Alejandro López Borrajo, S.C. solicitou licenza de adaptación de local e actividade para exposición e venda de maquinaria e útiles de xardinaría, sometida a avaliación de incidencia ambiental, na estrada OU-540 km 25, neste concello tramítase o oportuno expediente.

En cumprimento da normativa vixente sobre avaliación de incidencia ambiental, procédese a abrir período de información pública por termo de vinte días mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia, e exposición no taboleiro de anuncios do Concello, para que os posibles afectados poidan alegar o que consideren oportuno.

O expediente obxecto desta información pódese consultar nas oficinas municipais en horario de oficina.

Celanova, 2 de outubro de 2012

José Luis Ferro Iglesias
Alcalde