Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 14 de novembro de 2012 Páx. 42811

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Boqueixón

ANUNCIO polo que se fai pública a solicitude de licenza de actividade para unha instalación de gando vacún de engorda no Pazo, parroquia de Pousada.

María Anita Carreira Rodríguez solicitou licenza de actividade para a instalación dunha explotación de gando vacún de engorda mediante aproveitamento do solo, no lugar do Pazo, parroquia de Pousada (expediente 12/925).

De conformidade co establecido no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, no que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública polo período de vinte días hábiles, que comezará a contar desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia.

Durante este tempo, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar, poderán examinar o expediente no Departamento de Urbanismo deste Concello, e formular por escrito as reclamacións ou observacións que estimen oportunas.

Boqueixón, 17 de outubro de 2012

Jesús Sanjuás Mera
Alcalde