Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 14 de novembro de 2012 Páx. 42810

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 2012, da Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), pola que se emprazan as persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo, procedemento ordinario 4611/2012, interposto por Construcuatro, S.A.

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Segunda, remitiu a esta Administración un oficio polo que solicita o expediente administrativo relativo ao recurso contencioso-administrativo, procedemento ordinario 4611/2012, interposto por Construcuatro, S.A. contra a resolución ditada polo secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas o 21 de maio de 2012, pola que se estiman en parte os recursos de alzada, acumulados, interpostos contra a resolución do expediente sancionador ES-P-0054/07, incoado contra a citada empresa.

En consecuencia, acórdase nesta data, e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ao dito tribunal, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos citados, no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove días, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2012

Antonio José Boné Pina
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo