Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 14 de novembro de 2012 Páx. 42759

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (3235/2009).

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 3235/2009 desta sección, seguido por instancia de Manuel López Rey contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Servizo Galego de Saúde, Maesa (Mantenimientos, Ayuda a la Explotación y Servicios, S.A. e Mutua Ibermutuamur sobre accidente, se ditou, con data de vinte e oito de setembro do ano que corre, sentenza que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Notifíquese esta resolución ás partes e á fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que, contra esta, só cabe recurso de casación para unificación de doutrina que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de procedemento laboral. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

E para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG, co fin de que sirva de notificación en forma a MAESSA (Mantenimientos, Ayuda a la Explotación y Servicios, S.A.) actualmente en ignorado paradoiro, con último domicilio coñecido na rúa do Concello, 44, Fene, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de localización, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 22 de outubro de 2012

A secretaria xudicial