Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 14 de novembro de 2012 Páx. 42760

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Tui

EDICTO (197/2011).

Blanca Susana Janeiro Amelia, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Tui polo presente, anuncio:

No presente procedemento xvb 197/2011, seguido por instancia de Banco Popular Español, S.A. fronte a Prodesga, S.L. ditouse sentenza 86/2012 cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Estimo integramente a demanda interposta polo procurador Juan Manuel Señoráns Arca, en nome e representación de Banco Popular Español, S.A., e en consecuencia, condeno a mercantil demandada, Prodesga, S.L., ao pagamento de 1.587,72 euros, máis os xuros pactados percibidos pola devandita cantidade desde a interposición da demanda e ata o seu completo pagamento, así como ao pagamento das custas.

Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que esta resolución é firme, contra esta non cabe recurso ordinario, conforme dispón o artigo 455.1 LAC (por reforma introducida polo artigo 4, dez, e a disposición transitoria única da Lei 37/2011, do 10 de outubro, de medidas de axilización procesual).

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E encontrándose a devandita demandada, Prodesga, S.L., en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Tui, 20 de setembro de 2012

A secretaria xudicial