Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 14 de novembro de 2012 Páx. 42805

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 24 de outubro de 2012, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, pola que se acepta a avinza atinxida entre as comunidades de montes veciñais en man común de Pedra de Nostre e Entrudio, no concello de Viana do Bolo (Ourense).

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, na sesión celebrada no día 10 de outubro de 2012, en relación coa avinza atinxida entre as comunidades de montes veciñais en man común Pedra de Nostre (pertencente a Rubiais) e Entrudio, (pertencente a Paradela), no concello de Viana do Bolo (Ourense), examinada a documentación presentada e co informe favorable do Servizo de Montes, resolveu aceptar o acordo acadado previamente polas respectivas comunidades, e ordenar a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, para os efectos do disposto na disposición transitoria décimo cuarta da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense no prazo dun mes, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta resolución, segundo o disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, así como, na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Ourense, 24 de outubro de 2012

Ricardo Ignacio Vecillas Rojo
Presidente do Xurado de Clasificación de Montes Veciñais
en Man Común de Ourense