Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 14 de novembro de 2012 Páx. 42804

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia na resolución de modificación do Acordo da concentración parcelaria de Loxo-Enquerentes-Fonte Rosas-Ribeira (Touro-A Coruña).

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado polo director xeral de Desenvolvemento Rural.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de quince días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio na sede desta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Servizos Múltiples, Monelos, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 22 de outubro de 2012

Antonio Manuel Aguión Fernández
Xefe territorial da Coruña

Anexo

Acto notificado: Resolución do 11 de xullo de 2012, do director xeral de Desenvolvemento Rural, de modificación do Acordo da zona de concentración parcelaria de Loxo-Enquerentes-Fonte Rosas-Ribeira (Touro-A Coruña).

Interesados: José Toubes Moruja, Mercedes López Vilela, José Iglesias Castro, María Laredo Giadanes, Jesús Vilela Puga, Ofelia Suárez Barreiro e Ángel Pérez Camino.