En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei 9/2006, do 28 de abril, de avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente, faise pública a decisión de non someter a modificación puntual do PXOM no ámbito do antigo mercado de gando e da súa contorna para a súa recualificación como solo urbanizable delimitado con ordenación detallada para uso industrial terciario e de equipamentos, concello da Cañiza, ao procedemento establecido no seu artigo 7.
Esta decisión pódese consultar na Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas no seguinte enderezo da internet: http://aae.medioambiente.xunta.es/
Santiago de Compostela, 25 de outubro de 2012
Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental