Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 13 de novembro de 2012 Páx. 42684

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 17 de outubro de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fai público o inicio do procedemento de reintegro da axuda do programa de incentivos a plans empresariais de estabilidade laboral, regulado na Orde do 19 de maio de 2008 (Diario Oficial de Galicia do 26 de maio), relativo ao expediente TR345B2008/139-2 e dous máis.

Intentada a notificación deste acordo, segundo o disposto nos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle ao interesado o contido da resolución que figuran como anexo para que poida ter coñecemento dela.

De conformidade co previsto no artigo 38.3º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, concédeselle ao interesado un prazo de quince días hábiles, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, para que poida formular as alegacións e presentar a documentación que xulgue pertinente ante esta xefatura territorial.

Lémbraselle tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rolda da Muralla, nº 70, baixo, Lugo, e a obter, se é o caso, copia deste acordo, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Lugo, 17 de outubro de 2012

Marta Barreiro Castro
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Número de expediente: TR345B 2008/139-2.

Nome: Celta Stone, S.L.

DNI/NIF: B27349430.

Último enderezo coñecido: San Martiño do Goberno, Pedrón, 9. 27259 Castro de Rei, Lugo.

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo as persoas traballadoras subvencionadas ao abeiro desta orde durante un período mínimo de 3 anos.

Precepto infrinxido: artigo 16 da Orde do 19 de maio de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras de incentivo a plans empresariais de estabilidade laboral.

Contido da resolución: acordo de inicio do procedemento de reintegro da axuda.

Número de expediente: TR345B 2008/355-2.

Nome: Mintra, S.L.

DNI/NIF: B27166412.

Último enderezo coñecido: estrada de Valiño, nº 1. 27748 Mondoñedo, Lugo.

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo as persoas traballadoras subvencionadas ao abeiro desta orde durante un período mínimo de 3 anos.

Precepto infrinxido: artigo 16 da Orde do 19 de maio de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras de incentivo a plans empresariais de estabilidade laboral.

Contido da resolución: acordo de inicio do procedemento de reintegro da axuda.

Número de expediente: TR345B 2008/398-2.

Nome: Farvi Chantada, S.L.

DNI/NIF: B27285832.

Último enderezo coñecido: San Xurxo, Centulle, 2. 27518 Chantada, Lugo.