Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 13 de novembro de 2012 Páx. 42686

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 25 de outubro de 2012 pola que se notifica a resolución da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar do 18 de outubro de 2012, pola que se acorda repetir por danos e perdas causados por incumprimento do contrato para a prestación dun servizo integral de control loxístico, centro de coordinación e teleoperación que dea soporte á xestión operativa do Servizo Galego de Apoio á Mobilidade Persoal para persoas con discapacidade e/ou dependentes (CP 86/08), solidariamente, contra as empresas Satdata Telecom, S.L., Valedeme, S.L. e Emergency, Security and Logistic Control, S.L., na contía de 319.065,48 €, máis os xuros legais correspondentes, con base en feitos e razóns.

O 18 de outubro de 2012 a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar ditou resolución pola que se acorda repetir por danos e perdas causados por incumprimento do contrato para a prestación dun servizo integral de control loxístico, centro de coordinación e teleoperación que dea soporte á xestión operativa do Servizo Galego de Apoio á Mobilidade Persoal para persoas con discapacidade e/ou dependentes (CP 86/08), solidariamente, contra as empresas Satdata Telecom, S.L., Valedeme, S.L. e Emergency, Security and Logistic Control, S.L., na contía de 319.065,48 €, máis os xuros legais correspondentes, con base nos feitos e razóns expostos. Todo isto sen prexuízo de que existen outras reclamacións administrativas e/ou xudiciais pendentes de resolución. Mediante carta certificada e con xustificante de recepción intentouse a notificación do acordo a Satdata Telecom, S.L. De conformidade co previsto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, procede realizar a notificación da resolución de repetición por medio de anuncio no taboleiro de edictos do concello do seu último domicilio coñecido e no Diario Oficial de Galicia. En virtude disto, mediante esta cédula e de conformidade co disposto no artigo 61 da referida Lei 30/1992, cítase a empresa Satdata Telecom, S.L., para que compareza no prazo de 10 días contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula no Diario oficial de Galicia, para os efectos da notificación da resolución de repetición por danos e perdas causados por incumprimento do referido contrato, nas dependencias da Secretaría Xeral Técnica, na Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, no edificio administrativo San Caetano, Santiago de Compostela.

Contra a resolución que se notifica, que pon fin á vía administrativa, de acordo co artigo 109.a) da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, poderá interpor recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación desta resolución, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza, de conformidade co disposto no artigo 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, segundo redacción dada pola Lei orgánica 19/2003, do 23 de decembro, de reforma da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial; así como no artigo 14 da mencionada Lei 29/1998.

Santiago de Compostela, 25 de outubro de 2012

P.D. (Artigo 1 da Orde do 19 de agosto de 2009)
Cristina Ortiz Dorda
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar