Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 12 de novembro de 2012 Páx. 42363

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello das Pontes de García Rodríguez (expediente IN407A 2012/138).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Endesa Distribución Eléctrica, S.L.

Domicilio social: avenida del Paralelo, nº 51. 08004 Barcelona.

Denominación: substitución de celas de media tensión 20 kV en subestación O Tesouro.

Situación: concello das Pontes de García Rodríguez.

Características técnicas:

Substitución do actual parque de celas de 20 kV en edificio existente polas seguintes 16 celas de dobre embarrado compactas novas: 3 de protección de transformador, 10 de liña (ampliables en 7 posicións), 2 de servizos auxiliares e 1 de acoplamento transversal e medida de tensión en barras, para aloxar en edificio prefabricado de nova implantación, que se situará na subestación O Tesouro, sita na parroquia de Saa, no concello das Pontes de García Rodríguez (coordenadas UTM X: 589.744, Y: 4.811.907).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita no Edificio Administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 19 de setembro de 2012

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña