Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 12 de novembro de 2012 Páx. 42360

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 2012, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se somete a información pública o proxecto de autorización administrativa da rede de distribución de gas natural no termo municipal de Porto do Son (A Coruña), promovida pola empresa Gas Galicia SDG, S.A. (expediente IN627A 2012/10-0).

Para os efectos previstos no artigo 73 da Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos, no artigo 78 do Real decreto 1434/2002, do 27 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de gas natural, e no artigo 1 do Decreto 62/2010, do 15 de abril, polo que se regula o trámite de competencia e os criterios de valoración no suposto de concorrencia de dúas ou máis solicitudes de autorización administrativa de instalacións de transporte secundario e distribución de gas natural e redes de distribución de gases licuados do petróleo (GLP), sométese a información pública o seguinte proxecto de autorización administrativa:

Peticionaria: Gas Galicia SDG, S.A., con CIF A15383284 e con enderezo para os efectos de notificacións na rúa Lisboa, s/n, edificio Área Central, local 31-HIJ, 15707 Santiago de Compostela (A Coruña).

Antecedentes:

O 31.5.2012 a empresa Gas Galicia SDG, S.A. presentou a solicitude de autorización administrativa para a distribución de gas natural no termo municipal de Porto do Son (A Coruña), xunto co preceptivo proxecto.

Ante esta solicitude, o 19.6.2012 esta dirección xeral resolveu iniciar o trámite de competencia para o outorgamento da dita autorización administrativa, para os efectos previstos no artigo 5 do Decreto 62/2010, do 15 de abril.

A dita resolución foi publicada no Diario Oficial de Galicia do 12.7.2012 e durante o prazo establecido (30 días) non se presentaron outras solicitudes en concorrencia. En consecuencia, procede continuar co procedemento de outorgamento de autorización administrativa solicitada por Gas Galicia SDG, S.A.

Obxecto da petición: autorización administrativa para a distribución de gas natural no termo municipal de Porto do Son (A Coruña), de conformidade co proxecto presentado para o efecto, titulado Proxecto de autorización administrativa previa da rede de distribución de gas natural no termo municipal de Porto do Son.

Descrición das instalacións:

A subministración de gas natural proxéctase a través dunha planta de GNL (gas natural licuado), que se instalará nunha parcela situada ao nordés do núcleo urbano de Porto do Son, e desde a que partirá a rede de distribución cara aos núcleos urbanos de Porto do Son e Portosín. A rede de distribución proxectada, que aparece reflectida nos planos de planta de trazado incluídos no proxecto, está formada por:

– Unha rede básica de distribución, en rango de presión 2 < MOP (presión máxima de operación) ≤ 5 bar e cun diámetro de 160 mm, que parte do punto de subministración e chega ás inmediacións dos núcleos urbanos de Porto do Son e Portosín.

– E unha rede secundaria de distribución que parte da rede básica cara aos distintos puntos de consumo, cun diámetro menor de 160 mm e no mesmo rango de presión, agás para o núcleo histórico de Porto do Son, en que o rango de presión será 0,1 < MOP ≤ 2 bar.

Esta rede deséñase en polietileno de alta densidade PE 100 SDR 17,6, de diámetro variable de 160 a 63 mm, segundo necesidades. A lonxitude prevista para a rede proxectada é de aproximadamente 16.502 m, dos cales 9.649 m corresponden á rede básica e 6.853 m á rede secundaria.

Area de autorización: a solicitude de autorización administrativa afecta o termo municipal de Porto do Son, na provincia da Coruña.

Orzamento: dous millóns vinte mil trinta e dous euros con seis céntimos (2.020.032,06 €).

O que se fai público para coñecemento xeral e para que todas aquelas persoas naturais ou xurídicas, que se consideren prexudicadas nos seus dereitos, poidan presentar as súas alegacións no prazo de 20 días a partir da data de publicación desta resolución, e poderán examinar o correspondente proxecto na Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela, así como na Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Economía e Industria, praza Luís Seoane, s/n.

Santiago de Compostela, 3 de setembro de 2012

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Industria, Enerxía e Minas