Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 9 de novembro de 2012 Páx. 42113

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sandiás

ANUNCIO de información pública sobre actividade de taller de montaxe de pneumáticos, lavado e engraxamento de Neumáticos Sandiás neste concello.

Antonio Cid Rodicio solicitou a licenza de apertura da actividade de taller de montaxe de pneumáticos, lavado e engraxamento de Neumáticos Sandiás, sito na estrada nacional 525, nº 87, Sandiás, sometida a avaliación de incidencia ambiental, e neste concello tramitáse o oportuno expediente.

En cumprimento da lexislación vixente sobre actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas, procédese a abrir período de información pública polo prazo de vinte días mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia para que quen se vexa afectado dalgún modo pola dita actividade presente as observacións que considere pertinentes.

O expediente obxecto desta información pódese consultar nas oficinas municipais en horario de oficina.

Sandiás, 25 de outubro de 2012

Mª Concepción Méndez Gándara
Alcaldesa