Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 9 de novembro de 2012 Páx. 42114

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de contratación por procedemento aberto de obras na praza do paseo Paz Andrade.

1. Entidade adxudicadora: a) Organismo: Concello de Vigo; b) Dependencia que tramita o expediente: Área de Fomento. c) Obtención de documentación e información: Servizo de Contratación do Concello de Vigo, praza do Rei, s/n, 36202 Vigo, teléfono 986 81 01 48, fax 986 22 62 06. Correo electrónico: contratacion@vigo.org Enderezo da internet do perfil de contratante: www.vigo.org. Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións; d) Número de expediente: 1590-440.

2. Obxecto do contrato: a) Tipo: obras; b) Descrición: restauración da praza no paseo de Paz Andrade de Bouzas. c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non. d) Lugar de execución: Concello de Vigo. e) Prazo de execución: dous (2) meses.

3. Tramitación e procedemento: a) Tramitación: urxente; b) Procedemento: aberto.

4.Orzamento base de licitación: importe total: 292.891,97 euros.

5. Garantías exixidas. Provisional: non se exixe. Definitiva: 5 % do importe do contrato, excluído o IVE.

6. Requisitos específicos do contratista: a) Clasificación: non; b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a exixida no número 6) das follas de especificacións do contrato (FEC).

7. Presentación de ofertas: a) Data límite de presentación: o prazo rematará aos 13 días seguintes ao de publicación do presente anuncio no BOP e no DOG; b) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo, praza do Rei, s/n, 36202 Vigo ou a través da plataforma electrónica de contratación pública Vortalgov (www.vortalgov.es); c) Admisión de melloras: si; d) Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

8. Apertura de ofertas: a) Enderezo: casa do Concello de Vigo, praza do Rei, s/n, 36202 Vigo; b) Data e hora: anunciarase no perfil de contratante do Concello de Vigo (www.vigo.org).

9. Gastos de publicidade: pagaraos o adxudicatario ata a cantidade de 1.000 euros.

Vigo, 5 de novembro de 2012

Raquel Díaz Vázquez
Concelleira delegada de Contratación