Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 9 de novembro de 2012 Páx. 42116

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de contratación por procedemento aberto das obras de mantemento do circuito de adestramento no parque de Castrelos.

1. Entidade adxudicadora: a) Organismo: Concello de Vigo; b) Dependencia que tramita o expediente: Deportes; c) Obtención de documentación e información: Servizo de Contratación do Concello de Vigo, praza do Rei, s/n, 36202 Vigo, teléfono 986 81 01 48, fax 986  22 62 06. Correo electrónico: contratacion@vigo.org Enderezo da internet do perfil de contratante: www.vigo.org. Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións; d) Número de expediente: 11616-333.

2. Obxecto do contrato: a) Tipo: obras; b) Descrición: mantemento e consolidación do actual circuíto de adestramento no parque de Castrelos; c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non; d) Lugar de execución: Concello de Vigo; e) Prazo de execución: dous (2) meses.

3. Tramitación e procedemento: a)Tramitación: urxente; b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación: importe total 144.481,16 euros.

5. Garantías exixidas. Provisional: non se exixe. Definitiva: 5 % do importe do contrato excluído o IVE.

6. Requisitos específicos do contratista: a) Clasificación: non; b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a exixida no número 6) das follas de especificacións do contrato (FEC).

7. Presentación de ofertas: a) Data límite de presentación: o prazo rematará aos 13 días seguintes ao da publicación do presente anuncio no BOP e no DOG; b) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo, praza do Rei, s/n, 36202 Vigo ou a través da plataforma electrónica de contratación pública Vortalgov (www.vortalgov.es); c) Admisión de melloras: si; d) Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

8. Apertura de ofertas: a) Enderezo: casa do Concello de Vigo, praza do Rei, s/n, 36202 Vigo. b) Data e hora: anunciarase no perfil de contratante do Concello de Vigo (www.vigo.org).

9. Gastos de publicidade: pagaraos o adxudicatario ata a cantidade de 1.000 euros.

Vigo, 5 de novembro de 2012

Raquel Díaz Vázquez
Concelleira delegada de Contratación