1. Entidade adxudicadora: a) Organismo: Concello de Vigo; b) Dependencia que tramita o expediente: Área de Fomento; c) Obtención de documentación e información: Servizo de Contratación do Concello de Vigo, plaza do Rei, s/n, 36202 Vigo, teléfono 986 81 01 48, fax 986 22 62 06. Correo electrónico: contratacion@vigo.org Enderezo da internet do perfil do contratante: www.vigo.org. Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións; d) Número de expediente: 1587-440.
2. Obxecto do contrato: a) Tipo: obras; b) Descrición: construción do equipamento social e cultural da asociación de veciños da praza da Miñoca. c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non; d) Lugar de execución: Concello de Vigo; e) Prazo de execución: quince (15) meses.
3. Tramitación e procedemento: a) Tramitación: urxente; b) Procedemento: aberto.
4. Orzamento base de licitación: importe total: 875.104,23 euros.
5. Garantías exixidas. Provisional: non se exixe. Definitiva: 5 % do importe do contrato excluído o IVE.
6. Requisitos específicos do contratista: a) Clasificación: grupo C, subgrupo 2, categoría D; b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a exixida no número 6) das follas de especificacións do contrato (FEC).
7. Presentación de ofertas: a) Data límite de presentación: o prazo rematará aos 13 días seguintes ao de publicación do presente anuncio no BOP e no DOG; b) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo, praza do Rei, s/n, 36202 Vigo ou a través da plataforma electrónica de contratación pública Vortalgov (www.vortalgov.es); c) Admisión de melloras: si; d) Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.
8. Apertura de ofertas: a) Enderezo: casa do Concello de Vigo, praza do Rei, s/n, 36202 Vigo; b) A data e a hora: anunciarase no perfil de contratante do Concello de Vigo (www.vigo.org).
9. Gastos de publicidade: pagaraos o adxudicatario ata a cantidade de 1.000 euros.
Vigo, 5 de novembro de 2012
Raquel Díaz Vázquez
Concelleira delegada de Contratación