Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 9 de novembro de 2012 Páx. 42112

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mos

ANUNCIO de aprobación inicial do Plan xeral de ordenación municipal deste concello.

Aprobado inicialmente o Plan xeral de ordenación municipal, por acordo do Pleno do 25 de outubro de 2012, sométese a información pública polo prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período quedará o expediente, con todos os documentos que integran o plan xeral, incluído o informe de sustentabilidade ambiental, á disposición de calquera que queira examinalo para que presente as alegacións que estime convenientes.

Quedan suspendidas, de conformidade co disposto no artigo 77.2 e 3 da Lei 9/2002, e 120 do Regulamento de planeamento, o outorgamento de licenzas naqueles ámbitos do territorio obxecto de planeamento en que as novas determinacións deste supoñan modificación da ordenación urbanística vixente.

Mos, 5 de novembro de 2012

Nidia Mª Arévalo Gómez
Alcaldesa