Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 9 de novembro de 2012 Páx. 42122

VI. Anuncios

b) Administración local

Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra

ANUNCIO de modificación dos estatutos.

María del Carmen Limia Fernández, secretaria do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, certifico:

1. O Pleno do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, no pleno do 4 de outubro de 2012, acordou a modificación dos artigos 1, 9, 14, 15, 26 e 29 dos estatutos que rexen a entidade.

2. Os artigos modificados din o seguinte:

«TÍTULO PRELIMINAR
Disposicións xerais

Artigo 1. Composición e denominación do Consorcio

1. Os municipios de Portomarín, Taboada, Chantada, Carballedo, O Saviñao, Pantón, Sober, Monforte de Lemos, A Pobra do Brollón, Ribas de Sil, Quiroga, Paradela e Bóveda, todos eles da provincia de Lugo, e os municipios da Peroxa, Nogueira de Ramuín, Parada de Sil, A Teixeira, Castro Caldelas, Montederramo, Xunqueira de Espadanedo e Esgos, todos eles da provincia de Ourense, a Asociación Profesional de Turismo Rural Lugosur (Lugosur), a Asociación Empresarial de Turismo Rural da Ribeira Sacra Ourensá (Turisacra) e o Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, constitúen un consorcio local, sen prexuízo de que no futuro se poidan incorporar outras administración públicas ou entidades privadas sen ánimo de lucro conforme as previsións estatutarias, de conformidade co establecido nos artigos 37 a 40 do Regulamento de servizos das corporacións locais, aprobado polo Decreto do 17.6.1955; nos artigos 3, 26, 47.3º b), 57, 85 e 87 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local; nos artigos 35, 36 e 110 do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local; no artigo 7 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e de procedemento administrativo común, e nos artigos 2 a 6, 8, 137 e ss., e 149 a 152 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia.

2. Recibe a denominación de Consorcio de Turismo Ribeira Sacra.

3. Os estatutos determinan as particularidades do seu réxime orgánico, funcional e financeiro.

TÍTULO I
Réxime orgánico

CAPÍTULO I
Da organización

Artigo 9. O Consello Reitor. Composición

1. O Consello Reitor, supremo órgano de goberno do Consorcio, ao cal personifica e representa con carácter de corporación de dereito público, está integrado polos alcaldes ou membros da corporación ou directivas en quen deleguen, das entidades consorciadas.

2. Asistirán ás reunións do pleno, con voz pero sen voto, o secretario e o interventor do Consorcio, así como, cando sexa requirido para iso, o xerente, ou calquera outro persoal especializado na materia que se vaia tratar.

3. A cada entidade consorciada corresponderalle o mesmo número de votos que o número legal de membros da súa corporación ou, no caso distinto a un concello, o acordado polo Consello Reitor.

Na súa aplicación, cada un dos membros consorciados disporá do seguinte número de votos no Pleno e no Consello Reitor:

Municipio

Habitantes

1.1.2011

Número de concelleiros

Porcentaxe (%)

A Pobra do Brollón

2.027

11

4,4715

Portomarín

1.737

11

4,4715

Taboada

3.345

11

4,4715

Chantada

8.897

13

5,2845

Carballedo

2.593

11

4,4715

O Saviñao

4.408

11

4,4715

Pantón

2.936

11

4,4715

Sober

2.516

11

4,4715

Monforte de Lemos

19.622

17

6,9105

Ribas de Sil

1.098

9

3,6585

Quiroga

3.711

11

4,4715

Paradela

2.068

11

4,4715

Bóveda

1.624

9

3,6585

Total Lugo

56.582

147

693.386

A Peroxa

2.179

11

4,4715

Nogueira de Ramuín

2.381

11

4,4715

Parada de Sil

648

7

2,8455

A Teixeira

428

7

2,8455

Castro Caldelas

1.533

9

3,6585

Xunqueira de

Espadanedo

914

9

3,6585

Esgos

1.194

9

3,6585

Montederramo

935

9

3,6585

Total Ourense

10.212

72

33.9616

Sector privado

Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra

--

11

4,4715

Asociación Lugosur

--

9

3,6585

Asociación Turisacra

--

7

2,8455

Total

66.794

246

100

4. Os votos correspondentes ás entidades consorciadas serán actualizados cada vez que varíe o número de membros das corporacións locais.

5. As actualizacións previstas no número anterior non terán a consideración de modificacións estatutarias e, polo tanto, non se requirirá seguir o procedemento previsto nos estatutos para a súa modificación.

CAPÍTULO II
Do persoal

Artigo 14. Persoal ao servizo do Consorcio

O persoal será propio ou adscrito e estará constituído:

a) Secretario/a-interventor/a e tesoureiro/a, nomeados/as conforme o disposto no artigo seguinte.

b) Xerente.

c) Persoal laboral.

d) De ser o caso, persoal eventual.

Artigo 15. Secretario/a-interventor/a e tesoureiro/a

1. As funcións do secretario/a-interventor/a do Consorcio serán exercidas polos habilitados/as nacionais, de acordo coa normativa que regula os ditos corpos e as competencias delegadas na Xunta de Galicia en relación con estes.

2. As funcións de tesoureiro/a serán exercidas por un membro designado polo Pleno do Consello Reitor, e por maioría absoluta, de entre os membros que representan as entidades consorciadas.

TÍTULO III
Réxime económico, financeiro e contable

Artigo 26. Contribucións económicas ordinarias

1. As contribucións económicas ordinarias anuais de cada entidade consorciada calcularanse en función da poboación de cada municipio resultante do último padrón aprobado o 31 de decembro, segundo datos oficiais proporcionados polo Instituto Nacional de Estatística.

2. Para o ano 2012, as porcentaxes provisionais de contribución correspóndense cos datos facilitados polo INE, referidos á poboación de cada un dos municipios en 1.1.2011.

Municipio

Habitantes

1.1.2011

Porcentaxe (%)

A Pobra do Brollón

2.027

4,4715

Portomarín

1.737

4,4715

Taboada

3.345

4,4715

Chantada

8.897

5,2845

Carballedo

2.593

4,4715

O Saviñao

4.408

4,4715

Pantón

2.936

4,4715

Sober

2.516

4,4715

Monforte de Lemos

19.622

6,9105

Ribas de Sil

1.098

3,6585

Quiroga

3.711

4,4715

Paradela

2.068

4,4715

Bóveda

1.624

3,6585

Total Lugo

56.582

693.386

A Peroxa

2.179

4,4715

Nogueira de Ramuín

2.381

4,4715

Parada de Sil

648

2,8455

A Teixeira

428

2,8455

Castro Caldelas

1.533

3,6585

Xunqueira de Espadanedo

914

3,6585

Esgos

1.194

3,6585

Montederramo

935

3,6585

Total Ourense

10.212

33.9616

Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra

--

4,4715

Asociación Lugosur

--

3,6585

Asociación Turisacra

--

2,8455

Total

66.794

100

3. Para a determinación das porcentaxes e contribucións do ano 2013 e dos sucesivos, procederase ao seu cálculo en función da poboación de cada municipio, na forma prevista nas epígrafes anteriores, o que será aprobado polo Pleno.

Artigo 29. Previsión dos gastos e ingresos

1. Todas as contribucións económicas ordinarias, referidas no número 1 do artigo anterior, serán efectuadas polas entidades consorciadas mediante entregas periódicas, que se ingresarán con anterioridade ao último día de cada trimestre natural na Tesouraría do Consorcio, ou en calquera outro prazo fixado polo acordo do Pleno.

Os concellos consorciados teñen a obriga de contribuír aos gastos do Consorcio, a razón dun euro por habitante. As tres entidades do sector privado, no seu primeiro ano de incorporación, é dicir, 2012, achegarán:

– Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra: 1.200,00 €.

– Lugosur: 600,00 €.

– Turisacra: 300,00 €.

2. En caso de que as entregas referidas no punto anterior non se efectuasen nos prazos previstos, co obxecto de regularizar os ingresos das contribucións das entidades consorciadas, estas:

a) Facultan o presidente do Consorcio para que, transcorrido o prazo para o ingreso das contribucións das entidades consorciadas e acreditada a débeda polo seu secretario, logo de informe da Tesouraría e da Intervención, poida dirixirse á Administración central ou á Comunidade Autónoma para a retención dos fondos ou cotas pendentes con cargo ás cantidades que por calquera concepto fosen liquidadas a favor da entidade consorciada debedora, por igual importe ao das contribucións non satisfeitas trimestralmente, para o seu ingreso na facenda do Consorcio.

b) Recoñécenlles ás deputacións provinciais de Lugo e Ourense a facultade de reter o importe das cantidades debidas con calquera crédito que a favor da entidade consorciada se dispoña na corporación provincial e transferir as ditas cantidades ao Consorcio. Esta retención solicitaraa o presidente do Consorcio, sinalando o importe da débeda e a data de vencemento, que deberán acreditarse mediante certificación da Secretaría, logo dos informes do tesoureiro e interventor, sobre o importe pendente de ingresar.

3. Nos casos previstos no número anterior deste artigo, con carácter previo darase audiencia á entidade afectada para requirirlle o pagamento polo prazo de dez días.

4. No suposto de que algunha entidade consorciada lle debese ao Consorcio dous trimestres da súa contribución, a Presidencia procederá a ditar resolución, logo de audiencia ao afectado, pola que se acorde deixar de prestar os servizos e actividades.

5. O mesmo réxime dos puntos anteriores aplicarase ás contribucións económicas extraordinarias, que se terán que ingresar na Tesouraría do Consorcio no prazo máximo dun mes desde a notificación do pertinente acordo do Consello Reitor.

6. As contribucións das entidades consorciadas consideraranse ingresos de carácter público do Consorcio para todos os efectos legais».

E para que conste para os efectos oportunos, asino esta certificación.

O Saviñao, 4 de outubro de 2012

Juan Carlos Armesto Quiroga María del Carmen Limia Fernández
Presidente Secretaria