Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 9 de novembro de 2012 Páx. 42041

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se anuncia o novo levantamento de actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LAT 132 kV O Porriño-Frieira II, repotenciación a 220 kV, tramo subestación Atios apoio 12, no concello do Porriño, da cal é beneficiaria a empresa Unión Fenosa Distribución, S.A. (expediente IN407A 2007/257-4).

A instalación eléctrica denominada LAT 132 kV O Porriño-Frieira II, repotenciación a 220 kV, tramo subestación Atios apoio 12, no concello do Porriño, foi declarada de utilidade pública mediante Resolución de data 7 de febreiro de 2012, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, o que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, tendo a condición de beneficiaria a empresa Unión Fenosa Distribución, S.A.

Segundo o disposto no artigo 52 de Lei de expropiación forzosa, convocouse o levantamento das correspondentes actas previas á ocupación o día 21 de agosto de 2012.

En cumprimento do disposto no artigo 57 do Regulamento de expropiación forzosa, suspendeuse o levantamento das correspondentes actas previas, consecuencia da non asistencia ao dito acto do alcalde ou concelleiro delegado.

Tal e como dispón o sinalado artigo 57, comunícase que o día 19 de decembro de 2012 se iniciará de novo, a partir das 10.30 horas, no edificio do Concello do Porriño, o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución e no taboleiro de edictos do concello do Porriño.

Desta nova convocatoria dáse conta ao subdelegado do Goberno para que ordene á autoridade municipal a asistencia ao novo acto, con prevención das responsabilidades en que, no caso de desobediencia, poida incorrer.

As operacións poderán continuarse nos días e horarios de posteriores, se fose necesario bastará, para efecto, o anuncio verbal na xornada de que se trate e con ocasión do levantamento da última acta que se expida, e será dada a coñecer publicamente polos asistentes.

Ao dito acto deberán asistir os afectados persoalmente ou ben representados por persoas debidamente acreditadas por calquera medio válido en dereito, e achegarán os documentos acreditativos da súa titularidade, último recibo do pagamento do imposto de bens inmobles, certificación catastral e cédula urbanística.

Os interesados recibirán unha notificación individual coa debida antelación legal, na que se lle comunicará a data e a hora en que deberán presentarse no concello, e infórmaselles que poderán ir acompañados por un perito ou un notario, pola súa conta, se así o consideran conveniente.

Esta publicación servirá de comunicación para os titulares daqueles predios que figuran como descoñecidos ou se ignora o lugar de notificación, de acordo co establecido no artigo 59.4 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Ata a data sinalada para o levantamento das actas previas, poderán formularse as alegacións que se consideren oportunas, para os efectos de emenda dos posibles erros que se producisen ao relacionar os bens e dereitos afectados. Os escritos de alegacións dirixiranse á Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria en Vigo (praza da Estrela, s/n, 36201 Vigo).

Tendo en conta o exposto, en virtude das atribucións que me foron conferidas polas disposicións vixentes,

RESOLVO:

Primeiro. Convocar os propietarios e demais titulares dos bens e dereitos afectados para que no día e na hora sinalados comparezan, nas oficinas do Concello do Porriño, para o levantamento das actas previas á ocupación.

Segundo. Publicar este anuncio no Diario Oficial de Galicia, Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, no taboleiro de anuncios do Concello do Porriño e en dous diarios.

Vigo, 10 de outubro de 2012

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

LAT 132 kV O Porriño-Freiría II, repotenciación a 220 kV TR

Representa.

Nome e apelidos

Enderezo

CP-Concello

Nº apoio

m2 SE

ml aéreo

m2 aéreo

Gabia ml

Gabia m2

1

Concello do Porriño

Antonio Palacios, s/n

36400 O Porriño

1

100

100

3.785

17

50

1

Juan José Domínguez Pereira

Monte Veciñal en Man Común

A Guía, s/n

36400 O Porriño

1

100

100

3.785

17

50

2

Argentina Rodríguez Fernández

Covelo, Atios, 36

36148 O Porriño

1

29

2/1

Adoración Ferreira Pérez

O Carbón, Atios, 17

36418 O Porriño

16

224

2/2

Manuel Ferreira Pérez

O Carbón-Atios, 16

36418 O Porriño

2

276

2/3

José Pereira Sánchez

Galegos-Atios, 8

36418 O Porriño

11

240

2/4

Antonio Ferreira Álvarez e outros

Hdros. Antonio Ferreira Pérez

Rúa do Piñar, 18-3ºB

36400 O Porriño

4

16

29

732

2/5

Serafín Arena Pérez

Outeiro-Atios, 3

36418 O Porriño

25

190

3

Concello do Porriño

Antonio Palacios, s/n

36400 O Porriño

3

Juan José Domínguez Pereira

Monte Veciñal en Man Común

A Guía, s/n

36400 O Porriño

5-6

80

840

35.280

9

José Rodríguez Romero

1

40

12

José Besada Besada

Santiago Besada Besada

Vacaria Castiñeiras Budiño, 54

36475 O Porriño

1

40

13

Francisco Lemos Besada

Hdros. Francisco Lemos Besada

Pego Atios,15

36418 O Porriño

1

20