Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 9 de novembro de 2012 Páx. 42040

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Mondariz (expediente IN407A 2012/4-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Central Eléctrica Sestelo & Cía, S.A.

Domicilio social: r/ Virgen de la Luz, 3 baixo, 36860 Ponteareas.

Denominación: LMT, CT e RBT Outeiro-Meirol.

Situación: Mondariz.

Características técnicas: LMT aérea a 20 kV con condutor LA-110 de 58 metros de lonxitude, con orixe no apoio existente 4ES01019 da liña 4 O Ceo-Covelo-A Ermida e final no apoio proxectado C24/4500, do cal continuúa subterránea 40 metros, facendo entrada e saída no CT proxectado Outeiro, Meirol e volver ao apoio da orixe facendo o mesmo percorrido en subterráneo e en aéreo. Centro de transformación de 250 kVA, RT 20 kV/230-400 V, situado en Outeiro, Meirol, Mondariz. Rede de baixa tensión aérea de 728 metros de loxitude total, con condutor RZ e orixe no CT proxectado.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial; Edificio Administrativo, avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 8 de outubro de 2012

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra