Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 9 de novembro de 2012 Páx. 42031

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto, para a concesión da xestión do servizo público da estación de autobuses de Ponteareas.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Medio, Territorio e Infraestruturas.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Dirección Xeral de Mobilidade.

2) Domicilio: praza de Europa, 5A-2º andar (Área Central-As Fontiñas).

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.

4) Teléfono: 881 99 50 56.

5) Telefax: 981 54 43 51.

6) Correo electrónico: manuel.eiras.abeijon@xunta.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=18151

8) Data límite de obtención de documentación e información: ata as 14.00 horas do último día de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: 46/2012.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: xestión de servizo público.

b) Descrición: xestión do servizo público da estación de autobuses de Ponteareas (Pontevedra).

c) Prazo de execución: dez (10) anos.

d) Admisión de prórroga: non.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os especificados no número 2.2.6.1. do prego de cláusulas administrativas particulares.

5. Orzamento do contrato: este contrato non orixina gastos para a Administración.

6. Garantías exixidas.

Definitiva: 15.000,00 €.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a especificada nos números 4 e 5 do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 15 días naturais contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de presentación coincidise en sábado ou día inhábil, o prazo de presentación rematará o primeiro día hábil seguinte.

b) Modalidade: a sinalada no apartado 2.2.4. do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1. Dependencia: Rexistro Auxiliar da Dirección Xeral de Mobilidade,

2. Domicilio: praza de Europa, 5A-2º andar (Área Central-As Fontiñas),

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura de proposicións. O devandito prazo ampliarase en quince días hábiles cando sexa necesario seguir os trámites a que se refire o artigo 152.3 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

9. Apertura de ofertas.

a) Descrición: apertura pública.

b) Dirección: praza de Europa, 5A-2º andar (Área Central-As Fontiñas).

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.

d) Data e hora: publicaranse no perfil do contratante a data e hora da apertura dos sobres B e C.

10. Gastos de publicidade: o importe dos gastos de publicidade será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2012

P.D. (Orde 15.3.2012; DOG nº 58, do 23 de marzo)
José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas