Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 9 de novembro de 2012 Páx. 42029

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 26 de outubro de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo do servizo para o seguimento e a monitorización poboacional dos cetáceos e o desenvolvemento da rede de asistencia aos varamentos de mamíferos e réptiles mariños en Galicia.

Para os efectos do disposto no artigo 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público aprobado por Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número de expediente: 25/2012.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N= 17856

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: seguimento e monitorización poboacional dos cetáceos e desenvolvemento da rede de asistencia aos varamentos de mamíferos e réptiles mariños en Galicia.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 90700000-4.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: perfil do contratante.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: 31 de xullo de 2012.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: negociado con publicidade.

4. Valor estimado do contrato: 84.745,76 €.

5. Orzamento base de licitación: importe neto 84.745,76 €; importe total 102.542,37 €.

6. Financiamento: cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 80 %, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2007/2013.

7. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 16.10.2012.

b) Data de formalización do contrato: 24.10.2012.

c) Adxudicatario: C.E.MM.A. (Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños).

d) Importe de adxudicación: importe neto 84.476,54 €; importe total: 102.216,61 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: as sinaladas na resolución de adxudicación publicada no perfil do contratante.

Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2012

P.D. (Orde 15.3.2012; DOG nº 58, do 23 de marzo)
José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Inferaestruturas