Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 9 de novembro de 2012 Páx. 42034

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 6 de setembro de 2012, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se somete a información pública a solicitude de renovación da autorización ambiental integrada presentada por Avícola de Galicia, S.A.U., para unha granxa de 200.000 polos de ceba en Arcos, no concello de Meis (número de autorización ambiental integrada 2006/0403_NAA/IPPC_099. Clave do expediente de renovación 2012-IPPC-M-86).

O 10 de abril de 2008 concedeuse a Avícola de Galicia, S.A.U. a autorización ambiental integrada número 2006/0403_NAA/IPPC_099 para unha granxa de 200.000 polos de ceba en Arcos, no concello de Meis (Pontevedra). Nesta autorización establécese unha vixencia de cinco anos, contados a partir do día seguinte ao da súa notificación á titular.

O artigo 25 da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación estipula que, transcorrido o prazo de vixencia da autorización, esta debe ser renovada e, se é o caso, actualizada. Atendendo ao indicado, e para os efectos previstos no artigo 7.2 do Real decreto 509/2007, do 20 de abril, polo que se aproba o Regulamento para o desenvolvemento e execución da Lei 16/2002, faise público que por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposta a documentación presentada pola solicitante para a renovación da autorización ambiental integrada, constituída polo documento titulado:

Granxa de polos de ceba en Arcos, Meis (Pontevedra).

Proxecto básico de solicitude de renovación da autorización ambiental integrada.

Clave: 2006/0403_NAA/IPPC.

Co fin de que calquera interesado poida consultalo e, se é o caso, formular no dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes, o antedito documento estará á disposición dos administrados, en horario de atención ao público, nas seguintes dependencias:

• Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

• Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (r/ Fernández Ladreda, 43, 1º, 4º, 36003 Pontevedra).

• Concello de Meis (avda. de Cambados, 67, 36637 Meis).

Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2012

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental