Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 8 de novembro de 2012 Páx. 41919

VI. Anuncios

b) Administración local

Consorcio Casco Vello de Vigo

ANUNCIO de información pública.

Aprobados polo comité executivo do Consorcio Casco Vello de Vigo, na sesión do día 27 de setembro de 2012, os pregos de cláusulas administrativas particulares que rexerán a contratación das obras de rehabilitación de edificios nas rúas San Sebastián, 4-6 e Subida ao Castelo, 5-7, en Vigo, faise público o expediente e anúnciase a licitación para a obra con base contido dos siguientes puntos:

1. Entidade adxudicadora:

Organismo: Consorcio Casco Vello de Vigo.

2. Obxecto do contrato:

Descrición: o contrato a que se refire este anuncio ten por obxecto a execución das obras recollidas no proxecto aprobado pola Administración para a rehabilitación dos inmobles situados en San Sebastián, 4-6 e Subida ao Castelo, 5-7, en Vigo, así como, se é o caso, as derivadas dos proxectos modificados deste nos casos previstos e na forma establecida nos artigos 219 y 234 do TRLCSP.

3. Tramitación e procedemento:

A tramitación é ordinaria e o procedemento, aberto.

4. Orzamento base de licitación:

Prezo (sen IVE); 1.262.991,33 euros; IVE 10 %: 126.299,13 euros; total: 1.389.290,46 euros.

5. Garantías:

Definitiva: 5 % do orzamento de adxudicación sen IVE.

6. Obtención de documentación e información:

Páxina web: wwwconsorciocascovellovigo.org. Consorcio Casco Vello de Vigo, Praza da Princesa, nº 7, 1º dereita. Teléfono: 986 44 26 38. Fax: 986 44 26 39.

Poderán obter documentación e información ata o día do remate do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista:

Clasificación do contratista : grupo K; subgrupo 7; categoría e; solvencia económica e financeira e solvencia técnica: cláusulas 6.1 y 6.2 así como a 9.2.1.2.a) do prego de cláusulas administrativas particulares que regulan o procedemento e que están publicados na páxina web especificada no punto 6 titulado obtención de documentación e información.

8. Presentación de ofertas:

As proposicións, así como, se é o caso, as solicitudes de participación, xunto coa documentación preceptiva, presentaranse, dentro do prazo de 26 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da última publicación deste anuncio no Boletín Oficial da provincia ou no Diario Oficial de Galicia, no Rexistro Xeral do órgano de contratación indicado, en horario de oficina das 8.00 ás 15.00 horas, no lugar e forma que se indican na cláusula 9 do prego de cláusulas administrativas particulares. Se no último día do prazo coincidise en inhábil ou sábado, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

9. Apertura dos sobres:

Entidade, lugar e enderezo: Consorcio Casco Vello de Vigo, Praza da Princesa, 7, 1º dereita, Vigo. Data: será comunicada aos licitadores a través da publicación no perfil do contratante do órgano de contratación, tal e como se indíca nas cláusulas 10.4 e 10.5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Gastos dos anuncios:

Importe máximo de repercusión dos anuncios de licitación: 1.000,00 euros.

Vigo, 10 de outubro de 2012

Alfonso Ramos Covelo
Xerente do Consorcio Casco Vello de Vigo