1. Entidade adxudicadora. Organismo: Instituto Municipal dos Deportes de Vigo.
2. Obxecto do contrato.
Descrición: a prestación dos servizos de limpeza das áreas deportivas, vestiarios, servizos hixiénicos e outros espazos nas instalacións deportivas dependentes do Instituto Municipal dos Deportes.
Lugar de execución: Vigo.
Prazo: tres anos e dous anos de prórroga.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
Tramitación: ordinaria.
Procedemento: aberto.
4. Orzamento.
Prezo total do contrato: tres anos, 1.110.000,00 euros, con IVE. IVE: 192.644,63 euros.
5. Garantía provisional: non.
6. Obtención de documentación e información: Rexistro Xeral do Instituto Municipal dos Deportes de Vigo; avenida Castrelos, 1, 36210 Vigo. Teléfono 986 23 74 58, fax: 986 23 64 88.
Páxina web do Concello de Vigo: www.vigo.org
Data límite para solicitar documentación: ata o día 7.12.2012.
7. Requisitos específicos do contratista.
Grupo U, subgrupo 1, categoría c.
8. Presentación de ofertas.
Prazo: do 23 de novembro ata o 7 de decembro de 2012.
Documentación: a exixida nas cláusulas 11 e 12 do prego de cláusulas administrativas.
Lugar de presentación: véxase o punto 6 do anuncio.
9. Apertura de ofertas.
Entidade: a Mesa de Contratación do Instituto Municipal dos Deportes de Vigo. Cláusula 18 do prego de cláusulas administrativas.
10. Gastos de anuncios: pagaraos o adxudicatario ata un importe máximo de 1.000,00 euros, punto 5.A da folla de especificacións do contrato.
Vigo, 1 de outubro de 2012
José Manuel Fernández Pérez
Presidente do Instituto Municipal dos Deportes de Vigo