Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 8 de novembro de 2012 Páx. 41918

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilaboa

ANUNCIO de información pública sobre declaración de incursión na situación legal de fóra de ordenación total de nave industrial na Ramalleira (expediente 156/2011).

Ao abeiro da Instrución 2/2011, do 12 de abril, para a aplicación da DT terceira da Lei 2/2010, do 25 de marzo, de medidas urxentes de modificación da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, tramítase, por instancia de José Orozco Martínez, a declaración de incursión na situación legal de fóra de ordenación total da nave industrial destinada a comercio e depósito de maquinaria para construción, sita na Ramalleira 44, Santa Comba de Bértola; polígono 2, parcela 49.

De acordo co proxecto técnico presentado de recoñecemento da actividade indicada, e cumprindo co preceptuado no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, de avaliación de incidencia ambiental, en relación co artigo 86 da Lei 30/1992, ábrese un período de información pública por un prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da última publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, para que os que se consideren afectados dalgunha maneira pola actividade que se pretende recoñecer poidan examinar o expediente e facer, de ser o caso, as alegacións pertinentes.

Vilaboa, 10 de outubro de 2012

José Luis Poceiro Martínez
Alcalde