Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 8 de novembro de 2012 Páx. 41910

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 15 de outubro de 2012 pola que se notifica o acordo de incoación do expediente sancionador e de restitución e reposición da legalidade SIL/74/2012, e a orde de suspensión de obras ditada no expediente SIL/74/2012-S1.

A xefa do Servizo de Inspección do Litoral da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o 11 de xullo de 2012, incoar expediente sancionador e de restitución e reposición da legalidade, entre outros a Belén Bouza Cora, por actuacións abusivas sen a preceptiva autorización autonómica dentro da servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, no lugar de praia da Caosa, termo municipal de Cervo (Lugo). Así mesmo, o subdirector da Axencia, o 5 de setembro de 2012 ditou, por substitución da directora da Axencia, resolución pola que se ordena a suspensión inmediata das citadas obras.

Ao non poderse realizar a notificación persoal dos devanditos acordos, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícanselle á interesada as devanditas resolucións.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, os actos non se publican na súa integridade, comunícaselle á interesada que o texto íntegro de ambos os acordos que se notifican están ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar-Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

En relación co acordo de incoación, a interesada disporá dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación desta cédula, para alegar e presentar os documentos e informacións que considere pertinentes e, se é o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretenda valerse.

En relación coa orde de suspensión de obras, infórmase de que esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela a interesada pode interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación desta cédula, ante a directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, ou ben, se non exerce o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lle sirva de notificación á citada interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2012

P.S. (Artigo 3 do Decreto 51/2008, do 6 de marzo; DOG nº 59, do 27 de marzo)
José María Domínguez Blanco
Subdirector da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística