Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 8 de novembro de 2012 Páx. 41907

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 28 de setembro de 2012 pola que se autoriza a transmisión inter vivos da concesión das bateas Santa Rita I e Acuña XII.

Vistos os expedientes instruídos para os efectos de transmisión das bateas Santa Rita I e Acuña XII e das concesións administrativas que as amparan, resulta:

a) Antecedentes de feito:

Primeiro. Mediante escritos do 8 de agosto de 2012, María Rivas Fernández (76798583-L) solicitou autorización para a transmisión das concesións das bateas Santa Rita I e Acuña XII.

Segundo. Os informes do Servizo de Protección dos Recursos sobre as características das bateas e do Servizo Técnico Xurídico sobre a tramitación dos expedientes son favorables.

b) Fundamentos xurídicos:

Primeiro. Este órgano é competente para resolver os expedientes de conformidade coa Lei 6/2009, do 11 de decembro, de modificación da Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, e coa Resolución do 12 de abril de 2012 de delegación de sinatura en materia de acuicultura nos titulares das xefaturas de coordinación da Área do Mar da Consellería do Medio Rural e do Mar.

Segundo. Os expedientes seguiron todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servizo de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión inter vivos, a favor de Gloria Ríos Rivas (35303915-L), das concesións que se indican a continuación:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Santa Rita I.

Localización:

Cuadrícula nº: 11.

Polígono: E.

Distrito: Cangas (Pontevedra).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 14.5.1975.

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Actual titular: María Rivas Fernández (76798583-L).

Nova titular: Gloria Ríos Rivas (35303915-L).

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Acuña XII.

Localización:

Cuadrícula nº: 5.

Polígono: D.

Distrito: Redondela (Pontevedra).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 25.11.1964.

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Actual titular: María Rivas Fernández (76798583-L).

Nova titular: Gloria Ríos Rivas (35303915-L).

Baixo as seguintes condicións:

Primeira. O actual titular deberá presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia cotexada da seguinte documentación:

a) Documento notarial da transmisión ou doazón.

b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.

Segunda. Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter presentado a documentación requirida, as autorizacións quedarán sen efecto, logo de comunicación por parte da Consellería.

Terceira. O novo titular da concesión queda subrogado nos dereitos e obrigas do anterior, desde o momento de formalización da compravenda en escritura pública.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a conselleira do Medio Rural e do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 28 de setembro de 2012

Por delegación de sinatura (Resolución 12.4.2012)
Sonia Lorenzo Santos
Xefa de coordinación da Área do Mar en Vigo