Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 8 de novembro de 2012 Páx. 41905

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 19 de outubro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica a resolución dos expedientes sancionadores na orde social RL 2012/300-1 e dous máis.

Intentada a notificación por correo certificado aos titulares das empresas que se indican a continuación sen que fose posible, por medio desta cédula e de conformidade cos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, notifícaselles a resolución recaída nos expedientes sancionadores correspondentes. Fáiselles saber que no prazo dun mes, contado a partir do día seguiente ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poderán interpoñer recurso de alzada ante o director xeral de Relacións Laborais, advertíndoos de que, de non ser interposto en tempo e forma, deberán aboar a multa, mediante a necesaria utilización do impreso, que poderán solicitar na propia Xefatura Territorial da Coruña. Noutro caso, procederase á exacción pola vía executiva nos termos previstos na disposición segunda da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23.11.2001 (DOG do 5 de decembro).

Expediente nº: RL 2012/300-1.

Acta inf. nº: I1520120000047756.

Empresa: María Teresa Mata Novoa.

NIF: 33244754W.

Enderezo: rúa Alcalde Electo Carballo 32, 15189 Culleredo.

Materia: seguridade e hixiene (falta de organización preventiva e vixilancia da saúde).

Normativa infrinxida: artigos 4.2.d) e 19 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, e artigos 14, 16, 22, 30 e 31 da Lei 31/1995, do 8 de novembro; en relación cos artigos do 1 ao 10 do Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro.

Tipificación: artigo 12.1.a) do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, de conformidade cos artigos 39.3 e 40 do dito texto legal (falta grave en grao mínimo).

Data da resolución: 24.8.2012

Resolución: confirmar a acta de infracción e impoñer a María Teresa Mata Novoa unha sanción por importe de dous mil corenta e seis euros (2.046 €).

Expediente nº: RL 2012/302-1.

Acta inf. nº: I152012000069984.

Empresa: Juan Vargas Poma.

NIF: X9287259C.

Enderezo: travesía da Cerca, 4, 2º esquerda, 15009 A Coruña.

Materia: seguridade e hixiene (incumprimento da normativa en materia de prevención de riscos).

Normativa infrinxida: artigos 4.2.d) e 19.1 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, e artigos 14, números 1 e 2, 17.2 e 19.1 da Lei 31/1995, do 8 de novembro; en relación cos artigos 3, 5.1, 7.1 e 8.2 do Real decreto 773/1997, do 30 de maio.

Tipificación: artigo 12.16.f) do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto (falta grave en grao mínimo).

Data da resolución: 25.9.2012.

Resolución: reducir a acta de infracción e impoñer a Juan Vargas Poma unha sanción por importe de catro mil euros (4.000 €).

Expediente nº: RL 2012/429-1.

Acta inf. nº: I152012000085546.

Empresa: Osmasd Informat, S.L.

NIF: B70067046.

Enderezo: rúa Enrique Mariñas, 9, 4º, 15009 A Coruña.

Materia: seguridade e hixiene (accidente laboral).

Normativa infrinxida: artigo 23.3 da Lei 31/1995, do 8 de novembro.

Tipificación: artigo 11.2 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, de conformidade cos artigos 39.1 e 40.1.c) do dito texto legal (falta leve en grao mínimo).

Data da resolución: 10.10.2012.

Resolución: confirmar a acta de infracción e impoñer á empresa Osmasd Informat, S.L. unha sanción por importe de catrocentos cinco euros (405 €).

A Coruña, 19 de outubro de 2012

Luis Alberto Álvarez Freijido
Xefe territorial de Traballo e Benestar