Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 8 de novembro de 2012 Páx. 41903

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 11 de outubro de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fai público o inicio do procedemento de reintegro de axuda ao programa para a promoción do emprego autónomo, regulada na Orde do 21 de abril de 2008 (Diario Oficial de Galicia do 28 de abril), relativo ao expediente TR341D 2008/610-2.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12, do 14 de xaneiro), e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle ao interesado o contido da resolución que figuran como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

De conformidade co previsto no artigo 38.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, concédeselle ao interesado un prazo de quince días hábiles, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, para que poida formular as alegacións e presentar a documentación que xulgue pertinente, ante esta xefatura territorial.

Lémbraselle tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rolda da Muralla, nº 70 baixo, en Lugo, e a obter, se é o caso, copia deste acordo, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Lugo, 11 de outubro de 2012

Marta Barreiro Castro
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: TR341D 2008/610-2.

Nome: Darkin Segura Noboa.

DNI/NIF: X8171151X.

Último enderezo coñecido: rúa Juan García Junceda, nº 25, 27850 Viveiro, Lugo.

Feito imputado: non realizar a actividade que fundamente a concesión da axuda ou subvención durante un tempo mínimo de tres anos.

Precepto infrinxido: artigo 16 letra a) da Orde do 21 de abril de 2008, pola que se establecen as bases reguladoras do programa para a promoción do emprego autónomo.

Contido da resolución: acordo de inicio do procedemento de reintegro da axuda.