Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 8 de novembro de 2012 Páx. 41900

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 11 de outubro de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se anuncia a contratación, por procedemento aberto suxeito a regulación harmonizada e tramitación ordinaria, do servizo de limpeza de diversas instalacións dependentes desta xefatura territorial (dous lotes).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xefatura Territorial de Lugo.

c) Obtención de documentación e información:

1. Dependencia: Xefatura Territorial de Lugo.

2. Enderezo: rolda da Muralla 70 baixo, 27071 Lugo.

3. Teléfono: 982 29 41 01.

4. Fax: 982 29 49 74.

5. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.contratosdegalicia.es

6. Data límite da obtención de documentación e información: ata a data límite de presentación das ofertas.

d) Nº de expediente: 77/2012.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: contratación do servizo de limpeza de diversas instalacións dependentes da Xefatura Territorial de Lugo.

c) División por lotes e número de lotes: si.

Lote 1: limpeza das oficinas de emprego da provincia de Lugo.

Lote 2: limpeza dos centros de formación profesional ocupacional de Lugo e Viveiro e da Unidade de Acción Formativa de Monforte de Lemos.

d) Lugar de execución:

Lote 1: provincia de Lugo.

Lote 2: Lugo, Viveiro e Monforte de Lemos.

e) Prazo de execución: 2 anos desde a súa formalización.

f) Admisión de prórroga: si.

g) CPV (referencia de nomenclatura): 90911200-8.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto suxeito a regulación harmonizada.

c) Criterios de adxudicación: ver pregos.

4. Orzamento de licitación:

Lote 1: importe neto: cento corenta e oito mil euros (148.000 €).

IVE (21 %): trinta e un mil oitenta euros (31.080 €).

Importe total: cento setenta e nove mil oitenta euros (179.080 €).

Lote 2: importe neto: cento trinta mil euros (130.000 €).

IVE (21 %): vinte e sete mil trescentos euros (27.300 €).

Importe total: cento cincuenta e sete mil trescentos euros (157.300 €).

5. Garantías exixidas:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do orzamento de adxudicación (IVE excluído).

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: grupo U, subgrupo 1, categoría A.

b) Solvencia económica e financeira e técnica ou profesional: ver pregos.

7. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: 26 de novembro de 2012.

b) Modalidade de presentación: as ofertas pódense presentar en man ou por correo na forma indicada no artigo 80 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia de Lugo, rolda da Muralla 70 baixo, 27071 Lugo.

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura das proposicións.

8. Apertura das ofertas: terá lugar en acto público, na sala de xuntas da Xefatura Territorial de Lugo, na hora e na data que será anunciada con tres días hábiles de antelación no perfil do contratante http://www.contratosdegalicia.es/

9. Gastos de publicidade: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario do contrato.

Lugo, 11 de outubro de 2012

P.D. (Orde 19.8.2009)
Marta Barreiro Castro
Xefa territorial de Lugo